Whatever it may happen, never stop, girl, just keep on moving!!

Los secretos

9 Junio 2008

Entre flores y suenos busqué, sigo buscando.
La cruda realidad, castillos en el aire,
correr sin descansar por la tierra de nadie,
donde entonces tampoco encontré qué voy buscando.
Qué busco sin parar, qué busco con tanta prisa,
qué espero y si va a venir
una vida agitada o quizás más tranquila.
Cansado de cambiar de solo a solitario,
un brillo de ilusión apaga el escenario.
Mientras veo que el tiempo se va, sigo buscando,
sigo buscando, sigo buscando.

O corazón das tebras

3 Junio 2008

É curiosa a vida… ese misterioso arranxo da lóxica implacábel con propósitos fútiles! O máis que dela se pode esperar é certo coñecemento dun mesmo… que chega demasiado tarde… unha colleita de inextinguíbeis remordementos.

Joseph Conrad, Heart of Darkness (1902)

Einmal ist Keinmal

25 Mayo 2008

Só a casualidade pode aparecer ante nós coma unha mensaxe. O que ocorre necesariamente, o esperado, o que se repite todos os días, é mudo. Só a casualidade nos fala. Tratamos de ler nela como len as xitanas nas figuras formadas polo poso do café no fondo da cunca.
(…)
Un rapaz pode facer experimentos nun laboratorio para probar varias hipotéses científicas. Mais o home, dado que ten unha soa vida, non pode realizar experimentos para saber se seguir a súa pasión (compasión) ou non. Einmal ist Keinmal. O que ocorre unha vez é como se non ocurrira nunca. Se o home só pode vivir unha vida é como se non vivise nunca.

Milan Kundera, A insoportábel levidade do ser (1984)

Heiche de contar unha historia,
ás veces custa moito agochala.
Non estaba preparada para o golpe,
demasiado cega para ver o que tiña diante dos meus ollos.

Se agora marcho, quedarei sen folgos
para chegar lonxe.
Como poderían escoitar o latexo do meu corazón?
Enfriarase
o segredo que agocho, crecerei…

Madonna, Live to Tell (1986)

Negra sombra

6 Mayo 2008


Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro, Follas Novas (1880)

Sleepy Hollow

29 Abril 2008

Debido ao desganado repouso do lugar e ao carácter peculiar dos seus habitantes, descendentes dos primeiros colonos holandeses, este val solitario ven sendo coñecido hai tempo polo nome de Valgada Somnolenta e os seus rapaces coñécenos como os mozos da Valgada Somnolenta por toda a rexión veciña. Unha influencia letárxica e soñadora parece espallarse pola terra e impregnar a atmosfera. Algúns din que o lugar enfeitizouno un doutor alemán nos primeiros días da colonia; outros, que un vello xefe indio, o profeta ou o mago da súa tribo, fixo os seus congresos alí antes de que Hendrick Hudson descubrira o país. O certo é que o lugar aínda se atopa baixo a influencia dalgún poder máxico que ten enfeitizadas as mentes da xente de ben, provocándolles camiñar nun soño continuo. Dálles por todos os tipos de crenzas marabillosas, a cotío caen en transo e adoitan ver estrañas visións e escoitar música e voces no aire. En toda a veciñanza abundan as lendas locais, os lugares enfeitizados e as turbias supersticións. As estrelas e os meteoros cegan máis a miúdo o val que ningunha outra parte do país, e o pesadelo e maila súa cohorte demoníaca parecen consideralo o escenario favorito dos seus xogos.

Washington Irving, “The Legend of Sleepy Hollow” (1820)

Chove en Santiago

26 Abril 2008

Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.

(Federico García Lorca)

… para quien no conoce su rumbo.

¿Cómo se recupera el rumbo cuando estás perdido en medio del océano?

Oculto (2005)

12 Abril 2008

No creas nunca que el amor te pertenece porque desaparecerá; el amor es un sueño en el que sueñan dos.